My Rural Mentor é un proxecto baseado na evidencia e deseñado para poder aplicarse noutros territorios rurais. Comezou en setembro de 2025 e rematará en decembro de 2027.
Aquí encontrarás todos os materiais necesarios para adoptar o modelo My Rural Mentor e levalo á túa zona.
Mapea os recursos que hai na túa comunidade
Un bo proxecto de mentoría debe estar arraigado no seu territorio. Comeza por facer un mapa da súa xente, recursos e iniciativas. Coñece os pasos que podes dar para elaborares o teu propio Mapa de Recursos Comunitarios.
O noso proxecto desenvolveuse en territorios con tipoloxías de ruralidade moi diferentes. Aquí podes consultar o resultado dos mapeamentos que realizamos en cooperación coas comunidades locais.
Nun proxecto de mentoría, decidir quen vai participar é moito máis ca unha tarefa. Estes son os pasos que demos para chegar á mocidade que tiña máis necesidade de apoio.