
Por que o facemos?
Moitas persoas mozas de contornos rurais séntense soas, inseguras sobre o seu futuro ou desconectadas da vida do territorio no que viven.
My Rural Mentor quere mellorar o seu benestar, axudarlles a sentírense máis arraigadas no territorio e promover a igualdade, a inclusión e a diversidade.
Onde imos traballar?
En Valdeorras, Povoa de Varzim e as provincias sicilianas de Agrigento e Trapani. Conectaremos a mocidade participante con persoas adultas de confianza, capaces de brindarlles apoio e ampliar a súa rede.
Ofreceremos formación para a mentoría e actividades nas que toda a comunidade pode participar.
A meta é simple: mellores relacións, comunidades máis fortes, futuros máis saudables.


Para quen?
Para persoas mozas de entre 14 e 24 anos, que viven nestas zonas e que teñen unha necesidade especial de vincularse con outras persoas e ampliar as súas redes de apoio. En My Rural Mentor atoparán unha comunidade máis unida e solidaria, un ecosistema tecido en colaboración con centros educativos, institucións locais e asociacións da comarca.
Esquema do proxecto
Fase de Preparación
- Mapeamento do ecosistema comunitario
- Recrutamento e selección de persoas mentorizadas
- Recrutamento e selección de persoas mentoras
- Formación ás persoas participantes
Fase de Mentoría
- Plan de desenvolvemento
- Mentoría por parellas
- Mentoría grupal
- Mentoría por equipos (aprendizaxe-servizo)
- Actividades e eventos comunitarios
Avaliación
Transferencia
As comunidades participantes
Valdeorras
Rates (Povoa de Varzim)
Agrigento (Sicilia)
Trapani (Sicilia)
Máis sobre nós
My Rural Mentor é un proxecto conxunto levado a cabo por seis organizacións sociais de Galicia, Portugal e Sicilia: